PROGRAMACIÓN NOVEMBRO 10

NOVEMBRO EN CRECHAS

 

Todos os luns de Novembro às 22h30

Fred Martins  “Sambas e Outras Bossas”

Dia 1: Fred Martins + Paulo Silva
Dia 8: Fred Martins + Uxía
Dia 15: Fred Martins + Sérgio Tannus e Serginho Sales
Dia 22: Fred Martins + Ramón Bermejo
Dia 29: Fred Martins`+ Pedro Pascual e Ugia Pedreira

Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins ofrece un repertorio autoral moi variado e moi relacionado coa tradición musical do samba e a bossa nova, mais tamén virado cara elementos do rock e outros estilos musicais.
A súa relación con esta tradición afianzouse co traballo de transcrición de partituras para algúns dos mais famosos  Songbooks producidos por Almir Chediak entre eles os de Noel Rosa, Chico Buarque, Tom Jobim, Gilberto Gil, João Bosco, Rita Lee, Dorival Caymmi, entre outros.
Ten publicados catro discos Janelas (2001), Raro e comum (2005), Tempo Afora, Cd e DVD (2008), Guanabara (2009).
Foi o gañador do 9º Premio Visa de Música Brasileira no cal recebeu o premio por unanimidade do xurado e o voto popular, conferido polo público. En 2008 lanzou o CD e o DVD Tempo Afora. Acaba de lanzar o seu cuarto disco Guanabara, dedicado á musicalidade de Rio de Janeiro, con repertorio autoral de bossa nova e samba.
Estivo en 2009 en Galicia no Ciclo Portuarias de Ferrol e participou, entre outros eventos, do festival Cantos na Maré (decembro 2009), en Pontevedra.

http://www.myspace.com/fredmartinstempoafora
http://www.myspace.com/fredmartinsguanabara
www.fredmartins.mus.br

"Tempo Afora" (DVD Tempo Afora - Canal Brasil)
http://www.youtube.com/watch?v=8WJXfmkHG-k&feature=related http://www.youtube.com/user/tempoafora#p/u/6/n1yJn8d79s0

EntradA:3 euros

Martes dia 2 às 22h30 (3 euros)

“A minha embala” (Aline Frazao + César Herranz)

A minha embala é um projecto da angolana Aline Frazão (voz, guitarra) e do segoviano César Herranz (flauta transversal, percursão), ao encontro das expressões musicais dos diferentes países de língua portuguesa. Movemo-nos no universo musical de Angola, Cabo Verde, Brasil, Portugal e Galiza, cantando em português, crioulo, kimbundu e umbundu.
O nome “A minha embala” surgiu muitos meses depois do nascimento do grupo.  “Embala” é uma palavra do português de Angola que vem do kimbundu “bwala”. Uma bwala é uma comunidade, uma aldeia, um bairro. Nada melhor que uma língua partilhada para criar comunidade. A ideia deste nome vem de um poema do angolano Alexandre Dáskalos musicado pela Aline, “Que é S.Tomé”.


http://ositiodaminhaembala.wordpress.com
www.myspace.com/alinefrazao

 

Ler máis...
 
OUTONO 2010

PROGRAMACIÓN OUTONO

OUTONO

 

Martes dia 5. 22:30 HORAS, 3 euros

Os da Ría

Trátase dun espectáculo de humor no que escacharás co absurdo destes grandes divos da canción ‘galegueira’. Pero tamén é un concerto, así que tamén poderás ‘cantarelar’ e ‘bailadelar’.

Martes 19. 22:30 HORAS, 3 euros

Xoán Curiel

Xoán Curiel continúa a xira da súa proposta de fusión. Presentará temas do seu disco Nai e novas composicións.
Os músicos que o acompañan son Xabier Olite no Baixo e Álvaro Trillo na batería. Contará ademais neste concerto con colaboracións de Jamila Purofilin e Sergio Tannus.

Web: www.xoancuriel.com
Myspace: www.myspace.com/xoancuriel

Ler máis...
 
Presentación ABDC!

Presentación ABDC! O disco da Banda das Crechas

15 de setembro. 19:00 horas

 

Lugar do encontro

A Casa das Crechas é un universo colectivo que comezamos a construir entre todos hai vintetrés anos arredor da conversa, da arte, da música ao vivo, do amor polo propio e a curiosidade polo alleo. Ese universo ten hoxe a faciana e a voz da Banda das Crechas, un conxunto aberto, unha banda 2.0. na que músicos habituais e intérpretes ocasionais se unen para manter viva a tradición, o son e a emoción da foliada. Este disco é o rexistro dunha desas noites de música e de baile nas que a Casa das Crechas honra a súa historia converténdose, unha vez máis, no lugar de encontro que leva sendo dende mediados do século XIX.

ABDC é a banda sonora deste noso universo colectivo. Unha banda sonora que é historia, compromiso e paixón e que ninguén pode interpretar mellor que A Banda das Crechas. Porén, neste grupo de artistas aberto e plural tampouco caben todos os intérpretes. Os outros, os que non están nesta gravación, son todos aqueles que ao longo destes anos fixeron que a música tivese vida na Casa das Crechas. Autores anónimos e autores ben coñecidos, músicos e non músicos que trouxeron as culturas do mundo e que, no encontro, levaron a nosa cultura polo mundo. Este disco é a mellor homenaxe a todos eles e a todas elas e a todos aqueles espazos que, como a Casa das Crechas, son lugares de encontro... e de paixón.

Victor Belho

 

BAIXANDO AS ESCADAS CARA Á FOLIADA...

A Banda das Crechas é, en esencia, o que a música nunca debeu deixar de ser, unha ferramenta para o contacto humano, para a comunicación. A paixón é o motor deste colectivo aberto que mostra ao mundo a tradición galega no seu lado máis lúdico e participativo e onde se xuntaron tres xeracións de músicos que vibran coas nosas melodías.
A Xanela da Vía Sacra é a máis fermosa da Cidade Vella e a través dela respírase liberdade e alegría. Cando baixamos as escaleiras cara á Foliada temos que ir dispostos a empaparnos coa suor do próximo e a vivir unha catarse de cervexa e ritmos da terra. Quen o viviu sabe que é contaxioso e que non hai restricións. Fainos lembrar a vitalidade das tabernas irlandesas con música ao vivo, cos fieis do bar nun ritual no que pasamos dun Cantar de Arrieiro á Camposa para acabar nunha pista de baile sen máis aditamentos que a entrega de quen se achega para tocar e cantar. O momento máis emotivo da noite chega cando entoan Monte Viso, un fermoso canto a Compostela que recobra sentido neste ambiente de calor e fume. “Cantando afóganse as penas...”
Nunca tanto se ten feito para divulgar o folk como se fixo nesta vetusta casa e no seu contexto natural: a festa rachada, a foliada do século XXI, un serán para xente nova que chega de todo o mundo para coñecer de primeira man como se vive a música neste país, como se fai país coa música, como se amplían os sorrisos, as voces voan, a gaita rebelde e o cantar de Amigo inundan o ar, Pepa e Davide caldean o ambiente e animan á danza, os arcos dos violíns de Quim e Antón despentéanse, as frautas de Roi crepitan, o fol do acordeón transpira e retórcese nas mans sabias de Santi, a guitarra de Gon levita, o saxo de Pablo envenénase, a banjolina de Chus crávase na pedra, Carliños marca o tempo de muiñeira e o sinal de que a festa comenzou sae do bombo con pratos de Xan. E claro, quen se queira sumar ten sempre as portas abertas. De cando en vez asomou o cavaquiño brasileiro de Sérgio, a guitarra do mestre Chick e algunha gaita irlandesa ou de Flandes.
Nada voltará a ser igual para quen quixo vivilo algunha vez e a emoción desa noite quedará por fin rexistrada neste disco para lembranza de quen se achegue a esta Xanela da Vía Sacra. Longa vida a esta Banda que demostra que ainda hai vida e verdade na música galega.


Uxía Senlle

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 29