MAGHÚA

Maghúa

Martes 20 | 22:30 | 4 €

Maghúa, termo empregado tradicionalmente para denominar un banco de peixe azul, son un grupo de mozos afincados na Coruña interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do País. Fuxindo de prexuízos, reivindican o espazo da voz masculina na música tradicional da Galiza. Só voz, pel e madeira para nos facer bailar.

video

 
25 Aniversario

Casa das Crechas TV

 
Programación Febreiro

Xoves día 2 ás 22h30 (entrada 3€) - GPS [girandoporsalas.com]

CHOCOLATA

As súas cancións teñen na letra e na música unha poesía terrenal como unha froita, con sabor, cor, cheiro, feitura. Chocolata é sentimento e medida, xenio e gusto. Propoñen un directo fresco e alegre, ante todo unha experiencia musical da que é imposible saír airoso. É un arco da vella de sons ancestrais que bailan ao compás de Jerez, unha mistura de culturas, a enerxía do flamenco, a frescura de Latino América, o swing dos negros, a paixón da copla.

www.chocolata.es

Martes día 14 ás 22h30 (entrada 6€ - anticipadas na Casa das Crechas)

MARÍA MANUELA

Un percorrido pola historia da nosa lírica e a dos pobos irmáns da man das cancións creadas por Miguel Varela e María Manuela, dúo que foi o xermolo do grupo actual. Aló polos setenta o dúo participou activamente na transición apostando pola nosa poesía cando aínda fedía o cadáver do xeneralísimo e cando aínda por dicir o que pensabas podías ser axusticiado

e represaliado por un réxime que se resistía a abandonar os despachos. So risco de represión, cantaron en galego e deron unha voz diferente á nosa canción.

 

Xoves día 16 ás 00h00 (entrada de balde)

FESTA ELECTRO-SWING

DJ Hadrian Hache

Vide disfrazados dos anos 20!

 

Martes día 28 ás 22h30 (entrada 8€ - anticipadas na Casa das Crechas)

Petiscos Musicais

aCentral + Casa das Crechas

UGIA PEDREIRA e FRED MARTINS “ACROBATA” + feijoada de fabas de Lourenzá, de Marina Oural.

www.folque.com/acrobata

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 29