Música
MACC 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xavier Belho   
Xoves, 06 Maio 2010 00:18

Este sábado 8 de Maio presentase o Macc (Mercado Atlántico de Creación Contemporánea) no CGAC

 
Narf leva o seu ‘Totem’ á India e ao Nepal PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xavier Belho   
Mércores, 17 Decembro 2008 15:42

 

•    Actuará o día 16 no Teen Murti Bhavan Auditorium de Delhi e o día 18 no Russian Cultural Center de Katmandú
•    Juan Ramos acompañará a Fran Pérez nesta nova viaxe musical, neste caso ao Indostán

Fran Pérez e Juan Ramos levarán unha das aventuras musicais da última década en Galicia, o Totem de Narf, ao Indostán, onde actuarán o día 16 no Teen Murti Bhavan Auditorium de Delhi e o día 18 no Russian Cultural Center de Katmandú. Os dous músicos galegos, que se reencontran despois das aventuras musicais compartidas nos Quinindila orixinais, ofrecerán unha versión acústica do último traballo discográfico de Narf.
Totem é un álbum que nace de viaxes emocionais, cheo de influenzas árabes, flamencas, brasileiras, africanas… Un álbum de melodías pop que lle dan forma a sons de todo o mundo e que, agora chegan tamén á India e ao Nepal. Narf leva anos viaxando, escoitando, tocando ao vivo, conversando... e deixando tamén as súas pegadas sobre as encrucilladas dos camiños, “para atopar o camiño de volta a casa”. Agora o Teen Murti Bhavan Auditorium de Delhi e o Russian Cultural Center de Katmandú acollerán os sons viaxados e viaxeiros de, entre outros, Santiago, O Noso Son e Galician Lullaby.

Ler máis...
 
As Crechas no Festival de Ortigueira 2008 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Casa das Crechas   
Xoves, 26 Xuño 2008 16:21

Co verán chega a tempada de festivais.
Este ano as Crechas estará especialmente visíbel no Festival de Ortigueira porque aló enviamos a nosa Banda. cartaz_ortigueira08

O Festival de Ortigueira cumpre 30 anos e celébrano coa presenza de bandas de media ducia de países.
Do 10 ao 13 de xullo, Ortigueira aposta por grupos galegos e por históricos da música celta. Sondeseu, Fía na Roca, Uxía ou Xochilmica son algúns dos galegos que presentan os seus últimos traballos. Para o Escenario Estrella Galicia traen a vellos coñecidos como os irlandeses Moving Hearts e The Dubliners ou os escoceses Boys of the lough, xunto a propostas máis rompedoras como as finesas Värttinä. Polas tardes, no Escenario Runas, coñeceremos a oito bandas noveis da Península.

Ortigueira tense convertido nun dos eventos musicais máis multitudinarios de todo o estado. Este ano, no medio da festa, aproveitaremos para lembrar aquel festival artesanal que nacía no ano 1978, froito do esforzo da Escola de Gaitas de Ortigueira.

 
Por que gostamos de Narf? PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Casa das Crechas   
Mércores, 11 Xuño 2008 18:22

Porque quería ser tambor e agora xa é un totem.
Porque, como din na súa compañía, as fontes da súa música son infinitas: árabe, flamenca, brasileira, africana,...
Porque é un guitarrista único e posúe unha delicada voz.

Narf é a identidade máis sintética e acústica de Fran Pérez, compositor e cantor da Galiza que reparte a súa actividade entre o teatro e o rock.

Non perdas a súa actuación o 13 de xuño no Salón Teatro compostelán, nós de seguro que non a perderemos.

Máis info en falcatruada.com.

 
De como coñecimos a Manecas Costa PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Casa das Crechas   
Mércores, 11 Xuño 2008 15:36
No 2004 escoitámolo falar así do seu país de orixe: "Saín de Guiné-Bissau quince días antes da guerra civil. Tiven sorte, porque morreu moita xente inocente. Cando un país é pobre, se o mancas, non tes despois como construír". Manecas CostaE continuaba: "hai un solo moi fértil no que pode medrar de todo porque chove durante seis meses, pero temos moitas carencias. Problemas de golpes de estado, de condicións sanitarias, de educación,...".
Manecas Costa (Cacheu, 1967) chegou a Lisboa en 1990. E a Galiza no 2007 para actuar en Cantos na Maré.
Cautivounos a súa voz, a súa guitarra e ese ritmo gumbe que, como el di, "podería ser para nós como o reggae para os xamaicanos".

Imos todas bailar coa súa música comprometida o 13 de xuño no Salón Teatro.

Mais info aquí e acolá.