Programación Febreiro PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xavier Belho   
Xoves, 02 Febreiro 2012 10:51

Xoves día 2 ás 22h30 (entrada 3€) - GPS [girandoporsalas.com]

CHOCOLATA

As súas cancións teñen na letra e na música unha poesía terrenal como unha froita, con sabor, cor, cheiro, feitura. Chocolata é sentimento e medida, xenio e gusto. Propoñen un directo fresco e alegre, ante todo unha experiencia musical da que é imposible saír airoso. É un arco da vella de sons ancestrais que bailan ao compás de Jerez, unha mistura de culturas, a enerxía do flamenco, a frescura de Latino América, o swing dos negros, a paixón da copla.

www.chocolata.es

Martes día 14 ás 22h30 (entrada 6€ - anticipadas na Casa das Crechas)

MARÍA MANUELA

Un percorrido pola historia da nosa lírica e a dos pobos irmáns da man das cancións creadas por Miguel Varela e María Manuela, dúo que foi o xermolo do grupo actual. Aló polos setenta o dúo participou activamente na transición apostando pola nosa poesía cando aínda fedía o cadáver do xeneralísimo e cando aínda por dicir o que pensabas podías ser axusticiado

e represaliado por un réxime que se resistía a abandonar os despachos. So risco de represión, cantaron en galego e deron unha voz diferente á nosa canción.

 

Xoves día 16 ás 00h00 (entrada de balde)

FESTA ELECTRO-SWING

DJ Hadrian Hache

Vide disfrazados dos anos 20!

 

Martes día 28 ás 22h30 (entrada 8€ - anticipadas na Casa das Crechas)

Petiscos Musicais

aCentral + Casa das Crechas

UGIA PEDREIRA e FRED MARTINS “ACROBATA” + feijoada de fabas de Lourenzá, de Marina Oural.

www.folque.com/acrobata

Comentarios
Procurar
Somente os usuarios rexistrados poden escribir comentarios!

3.23 Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."