|

Luns día 7 ás 22h30 (entrada 5€)
LITANEI
A linguaxe do jazz, pop-rock, o son e dinámica da música clásica e unha porta aberta á experimentación e música de raíz. Litanei é o dúo formado por Paco Dicenta ao baixo de sete cordas, efectos, looper e voz, e Mónica de Nut á voz, efectos e looper.
Martes día 15 ás 22h30 (entrada 3€)
LUCÍA DA FONTE e JOÃO ALBERTO
Lucía da Fonte (cantante e actriz) e Joao Alberto (guitarrista e compositor) presentan na Casa das Crechas o seu novo repertorio, onde conviven o jazz, a bossa, o soul, o funk e ate o cabaret.
Xoves día 17 ás 22h30 (entrada de balde)
DESCARGA CUBANA
O diccionario di da descarga: 5. f. Cuba. Actuación musical espontánea o programada de uno o varios artistas ante un público reducido. Iso é o que nos propón o cubano Franky Valencia co seu grupo “Dinero Negro” e unha chea de convidados. Boa música, baile e sobre todo moita festa.
Martes día 22 ás 22h30 (entrada 4€)
CABRARET
CabRaret é un trío musical formado por unha contralto (Iria Pinheiro), un acordeonista (Alonso Caxade) e un contrabaixista (Alberto Rodríguez). Trátase dun espectáculo de cabaret onde o humor toma o relevo da música, nunha carreira na que a meta é divertir ao público e que os espectadores poidan disfrutar da fanfarria, mesturada cun pouco de jazz, unha pingas de soul, varios litros de chanson e un chisco de tradición para aromatizar o pentagrama.
Martes día 29 ás 22h30 (entrada 4€)
PAULO SILVA e SERGINHO SALES
O duo formado por Paulo Silva e Serginho Sales nace en Santiago coa intención de achegar ao público versións acústicas de éxitos internacionais do pop-rock, soul e blues. Versións de Culture Club, Cat Stevens, Stevie Wonder, White Stripes, Lenny Kravitz, Creedence Clearwater Revival ou Mutantes condimentadas coa enerxía e a complicidade destes dous incansables e polifacéticos músicos brasileiros.
FOLIADAS
Mércores días 9, 16, 23 e 30.
|