OUTONO 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xavier Belho   
Xoves, 07 Outubro 2010 22:46

PROGRAMACIÓN OUTONO

OUTONO

 

Martes dia 5. 22:30 HORAS, 3 euros

Os da Ría

Trátase dun espectáculo de humor no que escacharás co absurdo destes grandes divos da canción ‘galegueira’. Pero tamén é un concerto, así que tamén poderás ‘cantarelar’ e ‘bailadelar’.

Martes 19. 22:30 HORAS, 3 euros

Xoán Curiel

Xoán Curiel continúa a xira da súa proposta de fusión. Presentará temas do seu disco Nai e novas composicións.
Os músicos que o acompañan son Xabier Olite no Baixo e Álvaro Trillo na batería. Contará ademais neste concerto con colaboracións de Jamila Purofilin e Sergio Tannus.

Web: www.xoancuriel.com
Myspace: www.myspace.com/xoancuriel


Xoves 21. 22:30 HORAS, 2 euros

 

Harry Bird and the Rubber Wellies

Desde Bilbao e Dublín, o itinerante Harry Bird and the Rubber Wellies traen o seu cabaret folk intimista e enerxético.
O seu primeiro disco, "Long Way to Be Free", presentouse a través da súa propia discográfica, Hot Drop Records, captando o interese de varias emisoras de radio internacionais incluída a BBC. Despois dun verán de festivais polo Reino Unido e Irlanda, en Outubro farán unha xira de tres
meses pola Europa continental.

Luns 25. 22:30 HORAS, 3 euros

Diego Freire "Memorias dun ser humano disperso"

PRODUCCIÓNS DISPERSAS PRESENTA A DIEGO FREIRE EN...
MEMORIAS DUN SER HUMANO DISPERSO, un espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe desubicada, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a outro lugar moi moi lonxe de aquí…. Será posible? Existirá tal paraíso?

Martes 26. 22:30 HORAS, 2 euros

Trioliro Regueifeiros

"TRIOLIRO Regueifeiros" ,é un trío formado por tres elementos procedentes da música tradicional,
o que fan é unir a música tradicional e a improvisación oral"A Regueifa" facendo un espectáculo
dinámico,animado e divertido...

Estes tres elementos son:
-Luis "O Caruncho"gaiteiro,zanfonista...etc etc do grupo "Os Carunchos"
-Bieito Lobarinhas gaiteiro,percusionista etc etc do grupo Zurrumalla
-Josinho da Teixeira percusionista do grupo Tanto Nos Ten (TNT)

O seu curriculum de actuacións é moi diverso porque actuaron
dende a taberna mais descoñecida ata os festivais mais coñecidos do país como por exemplo:
(consultar dorso)

Especialistas en reformas,presuposto sen compromiso

As FOLIADAS som os mércores dias 6, 13 e 20.

Comentarios
Procurar
Anónimo (118.250.9.xxx) 2012-11-13 10:57:54

Problema cos caracteres. Comentario baleiro
Somente os usuarios rexistrados poden escribir comentarios!

3.23 Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."