|

Tiempo cuatro
01/06/2010. Hora: 22:30 Entrada 3 euros
Tiempo cuatro nace como seminario de traballo no ano 2008 para profundar no tango instrumental contemporáneo de Astor Piazzolla. Tiempo cuatro está constituído por catro músicos de sólida formación académica e experiencia artística con intereses de profundar na renovadora estética tanguera das formacións instrumentais de Astor Piazzola da década dos 70. A fusión de estilos, é o trazo distintivo desta música, quedando de manifesto nas formas clasicas como os preludios, as fugas e as suites entre outras, que evolucionan as súas estruturas a través de contrastes rítmicos, improvisacións e construcións harmónicas complexas, contrastadas con románticas melodías e efectos sonoros característicos doutros estilos. Esta ecléctica mestura de elementos aparentemente opostos xeran un equilibrio musical que se traduce na conxunción sonora que Astor Piazzolla procreou como Novo Tango.
The Homens
03/06/ 2010 Hora 22:30 Entrada 3 euros
Cuarta potencia é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro. O cuarto traballo de The Homens, tras os EPs 1 (autoeditado, 2005) e 2 (autoeditado, 2006) e o longa duración Tres (Falcatruada, 2007), mostra á banda de Santiago DC máis preocupada polas melodías e pola expresividade das letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...), o disco novo recolle unha ducia de cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en catro anos de xira sen fin, insistindo no seu gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, e engadíndolle un renovado interese pola psicodelia e a experimentación. Editado polo mítico selo santiagués Lixo Urbano, Cuarta potencia é enerxía condensada en pílulas dóces, é cantar bonito coa boca espumando rabia.
Cuarta potencia é cantar por non chorar.
Concerto Solidario en beneficio da Protectora de Animais de Compostela
08/06/ 2010 Hora 21:00 Entrada 3 euros
Sumrrá
22/06/2010 Hora: 22:30 Entrada 4 euros
Sumrrá celebra o seu décimo aniversario presentando novo disco, o cuarto, que gravaron na sala Nasa e co que apostan de novo polo son acústico, espido e cru. Con este novo traballo, o trío composto por Xacobe Martínez Antelo, Manuel Gutiérrez e LAR Legido dá un paso máis na súa proposta artística, que parte do jazz europeo e vangardista e que toma elementos doutros xéneros como o pop, o rock ou o folque, para poñelos ao servizo da improvisación e do xogo.
Recoñecido pola prensa especializada como o trío máis innovador da escena jazzística do estado, Sumrrá une ideas e virtuosismo nunha celebración da música verdadeira, orixinal e libre. Unha proposta sinxela e honesta, chea de talento, de entusiasmo, de sinceridade e de grandes complicidades. Jazz de vangarda ao que non lle faltan nin a dose xusta de técnica, nin o lirismo, nin o swing. O seu impresionante directo é o resultado dun traballo esixente e comprometido dun trío de fondas convicións artísticas. Un grupo cuxa frescura non disimula o alto nivel de composición dos seus integrantes, tres dos músicos que marcan os vieiros do jazz en Galicia.
Sumrrá apóiase na naturalidade, na sobriedade e na solemnidade para conquistar ao público co seu jazz contemporáneo e innovador. Unha proposta honesta que só pretende ser boa música feita por tres bos músicos e que, ao facelo, excede os límites do jazz e da música improvisada e posibilita unha comunicación xenuína e directa co espectador, integrándoo nun proxecto de vangarda cheo de forza e de dramatismo.
Lincorne
29/06/2010 Hora: 22:30 Entrada 3 euros
Quinteto de músicos de compostelans que fan música galega e world music, cun estilo moi personal. Lincorne son: María García Blanco (violín) , Xan Manoel Aparicio (nikelharpa), Xabier de Salvador Agra (frauta traveseira), Gon de Abadín (guitarra), Xacobe Varela Álvarez (gaita)
Foliadas de Xuño na Casa das Crechas ”
• Data: Mércores 2, 9, 16 • Hora: 22:30 h • Entrada 1 €
NOITES DO BRASIL CON DJ MARCELO.
Sessions con Dj Marcelo para desfrutar coa mellor música do Brasil na Casa das Crechas Xoves 10, 17, 24
|