|
Escrito por Xavier Belho
|
|
Luns, 10 Maio 2010 19:13 |

Esencia da Terra
Fotografías de Emerson Díaz
Mañá martes, día 11 de maio, ás 20h, o fotógrafo guatemalteco Emerson Díaz inaugura na Casa das Crechas unha mostra chamada Esencia da terra. Uk´ux Ulew coa que quere amosar a cultura Maia e a súa vontade de supervivencia.
A metade da poboación guatemalteca é indíxena. Son seis millóns de persoas que pertencen a 22 etnias, que falan 22 linguas, que resisten ante a imposición colonial, que resisten ante a globalización, que resisten ante o xenocidio. Son os Maias, unha cultura ancestral que se nega a morrer.
|