Programación Maio 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Casa das Crechas   
Xoves, 29 Abril 2010 12:03

 

A FAMILIA CARR

11/05/2010 Hora 22:30 Entrada 3 euros

Kevin Carr e Mendelsohn Josie levan tocando música tradicional irlandesa,do Quebec e a música americana durante máis de trinta anos, en grupos como Good Ol persoas, Wake Dead, Lles Tetes de Violón, Hillbilliesfrom Mars e os Chanterelles. Kevin é un moi querido conta contos e Josie é unha moi boa artista. Entre eles tocan o violín, gaitas, guitarra, piano, mandolina e outros instrumentos. Xunto cos seus fillos Daniel e Molly, son un grupo excelente, eles son A familia Carr.

OBRAS PÚBLICAS

Life is a paripé

10,17,24/05/2010 Hora 22:30 Entrada 5 euros

Life is a Paripé
75 minutos de humor dividido entre
11 escenas e pico,  multiplicado por
2 intérpretes masculinos sumados a
1 intérprete femenina da como resultado:
33 por cento de música máis
33 por cento de teatro máis
33 por cento de cachondeo, o que da un total final de
100 por cen de paripé.

Se Marlango pode nós tamén.


Intérpretes:

 

César Goldi
Iolanda Muiños
Mos

Escrita e dirixida por: Jose Prieto

 

FRED MARTINS

18/05/2010 Hora 22:30 Entrada 3 euros

O contacto tan íntimo de Fred Martins coa música brasileira venlle dos dez anos durante os que transcribiu partituras dos grandes compositores da bossa nova. Esa conexión transpira na súa carreira en solitario, cos discos Janelas (2001), Raro e comum (2005) e Tempo afora (2007). Vén de publicar Guanabara, un álbum dedicado á musicalidade de Rio de Janeiro a través de novas pezas de samba e bossa nova. Na actualidade atópase en Galiza para establecer pontes musicais entre os dous países a través de colaboracións con artistas galegos.
“Fred Martins é um compositor original, que aborda um universo muito particular, interessante e poético”. Ney Matogrosso. “O cantor, compositor e violonista de mão cheia, Fred Martins, tem um trabalho consistente e é um dos melhores compositores de sua geração, além de ser também um ótimo cantor. Vejo-o como expoente dessa nova geração”. Guinga.


Coanhadeira

27/05/2010 Hora 22:30 Entrada 3 euros

As coanhadeiras eran, nalgunhas zonas, as persoas encargadas de recoller os restos da malla na eira para aproveitalos. O mesmo nome aplícaselle ao instrumento (vasoira) empregado. Coanhadeira musical nace en Ourense hai aproximadamente un ano como un proxecto máis dos que recollen os restos da malla que sofre a nosa cultura musical, máis aínda se cadra aquí en Ourense, "restos", desde logo, moi aproveitables. Xorde primeiro como grupo de gaiteiros, partindo dunha base eminentemente tradicional, tanto na formación como nos escenarios percorridos: festas, romarías e demais eventos lúdico-musicais. A transformación e a adaptación están na mesma base da tradición, mais este principio non é sempre ben interpretado. No noso caso, a formación clásica dalgún de nós e a experiencia no eido da música tradicional e folk; doutros, mestúranse coas inevitables e inconscientes influencias musicais actuais, con instrumentos non tradicionais, e sérvese cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros engadidos. De aí que a etiqueta de "música en galego" sexa escollida polos membros para definir o estilo musical do grupo. Por iso, nesta nova andaina optaramos tamén por manter o nome orixinario do grupo, que se distancia, desde logo, do que sería un nome "comercial" segundo os estándares actuais.


El autognomo

 

La B.S.O de tu rebirthing. De la sambadegringo al galactifolk.

29/05/ 2010 Hora 22:30 Entrada 3 euros

Markos Bayón preséntanos o seu proxecto en solitario "ELAUTOGNOMO. guitarra, voz e maquinitas", no que nos conta e canta nudeces e convídanos a escoitar e degustar novas sonoridades en forma de cancións. Cancións para bailar coa alma. Emocións- melodias. Susurros e rachos. Adicto á música desde moi novo, Markos absorbe un amplo espectro de xéneros musicais e desde o seu persoal licuadora ofrécenos cancións que mesturan distintas tradicións melódicas con arranxos onde o acústico e o tecnolóxico atópanse. Puidécheslle ver cantando e tocando a guitarra con Bebe e con grupos como Perroflauta, O Combolinga, Comando Macondo.. Ademais, actualmente, tamén nos propón este proxecto en solitario acompañado de guitarra, maquinitas e unha susurrante voz que envolve ao público coas súas letras vitais e reflexivas á vez.



Implicadas/as no desenvolvemento e A Casa das Crechas organizan en Compostela un club de lectura presencial:

Tres mulleres galegas de armas tomar. M. Balteira, M. Castaña e M. Soliña

31 de maio de 2010, ás 20.30h

Autoras: Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar
Baía Edicións, 2009
Persoa Convidada: Guillermina Domínguez Touriño


NOITES DO BRASIL CON DJ MARCELO.

Xoves 6, 13, 20

Sessions con Dj Marcelo  para desfrutar coa mellor música do Brasil na Casa das Crechas


Comentarios
Procurar
Somente os usuarios rexistrados poden escribir comentarios!

3.23 Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."