|

O´CAROLAN
04/03/2010_Hora 22:30_Entrada 3 euros
O grupo O´Carolan toma o seu nome do arpista irlandés Turlough O´Carolan (1670-1738), compositor e músico ao que se lle adoita coñecer como o último bardo e que soubo fundir de maneira natural o barroco e a música tradicional. A maioría dos temas que nutren o repertorio do grupo son composicións deste autor. Completando ao mesmo inclúense composicións propias así como pezas tradicionais doutras rexións e culturas. O concepto de concerto do grupo O´Carolan, é máis próximo á música de cámara que aos grandes concertos Folk. Nisto, inflúe a coidada posta en escena así como o gran abanico de instrumentos que o grupo mostra nas súas presentacións en directo (uilleann pipe, nykelharpa, arpa irlandesa, bodhran, bouzouki, tin whistle, low whistle, mussetes ). O resultado é un concerto belo, cunha música sensible e alegre á vez, que nos leva a soñar en paisaxes afastadas. O´Carolan participou en infinidade de festivais e concertos dentro e fóra da península destacando pola súa personalidade e sendo recoñecidos en presentacións tan importantes como o festival Cornamuses en Balade en Francia, ,Brechin Arts Festival , en Escocia, festival de cornamusas en Ordino (Andorra), FolkSegovia ,Ilusións Folk (Navarra) Orejo (Cantabria) Llanes(Asturies)? Contan con tres discos no mercado “Alrrededor de una vela” , “la llave de los sueños” e “El reloj secreto”.
OBRADOIRO VOCAL DE JAZZ CON CELIA MUR.
(Organizado pola Asc. Tropico de Grelos)
05/02/2010 e 06/02/2010 Horarios: de 17 h a 21:00 h
“Obradoiro de 8 horas adicado ó instrumento da voz e orientado a cantantes de jazz e outros estilos”
Celia Mur, voz:
Vocalista de jazz de formación clásica, flamenca e moderna guiada polo seu pai o compositor e guitarrista granadino A. Fernández de Moya.
Estudou no Conservatorio de Música de Granada, Barcelona, Nyc,( con Sheila Jordan, Jay Clayton, Barry Harris.) Associated board of royal schools (Londres) onde se diploma en canto clásico.
Ten tres CDS publicados en España .Footprints, (satchmo 2001), As flores da miña vida (Satchmo 2003), Coloreados (Ámbar 2005) e numerosas colaboracións.. con outros artistas entre os que destacan, Raúl Alcover, selecta Big Band,..Miguel Ríos.. Cabe destacar o seu ultima grabacion , unha prioduccion que levou a cabo en nyc e en zurich,para a que contou con musicos e amigos de excepcion.- ANTONIO SANCHEZ, BEN STREET, MARK TURNER, CHRIS WIESENDANGER, ANTONIO CAMPOS...editada no 2009 polo selo discografico londiniense, ? Rhythm and muse.
Actualmente é docente de canto moderno en diversos seminarios e talleres específicos e na escola de música léspai musical de valencia. Actuou por diferentes espazos escénicos dentro e fóra de España.
Oh Trio.
11/03/2010_Hora 22:30_Entrada 3 euros
Oh trío..., ten menos dun ano de vida aínda que os seus compoñentes coñécense e colaboran en distintas formacións desde hai anos. Grupos como Rao trío, La brigada Bravo& Díaz ou Marisco Fresco, con varias gravacións no selo "Produciones Efímeras", son proba de devanditas colaboracións. Germán Díaz , Antonio Bravo e Diego Martín están a virar por Europa con presenza na carteleira de festivais de jazz e preparan para finais de 2008 o seu próximo disco.
Nesta ocasión ofrécennos un repertorio que combina temas de colleita propia xunto a pezas de compositores europeos como Valentín Clastier ou Richard Galiano. Un programa, por tanto, enmarcado dentro do jazz europeo pero cunha gran diversidade de influencias estilísticas propias dun grupo de músicos que tocaron en formacións de jazz, música improvisada, Folk., rock ou clásico. A peculiar instrumentación (zanfona, guitarra eléctrica, batería e gravación de loops en directo), xunto ao especial tratamento de compases de amálgama, recalan nun son fóra do habitual nivel tímbrico e rítmico. A improvisación forma parte imprescindible do son do grupo e dota ao repertorio de partes inesperadas para o o oínte.
Festa do 23 aniversario da CASA DAS CRECHAS
16/03/2010_Hora 22:30_Entrada Libre
Som do Galpón
18/03/2010_Hora 22:30_Entrada 3 euros
Neste 2009 acabamos de cumprir 3 anos dende a formación do grupo e que mellor xeito de celebrar o aniversario xunto coa inminente saída do noso primeiro disco Em terra de ninguém. Todo comezou un día do inverno de 2005 metidos nun galpón dunha aldea chamada A Moninha, que está perto de Compostela, pero que puidera ser calquera outro lugar. O realmente importante do proxecto que argallabamos naquel intre, e que nos trouxo aquí, foi toda a ilusión coa que traballamos arreo dende o comezo; e que todo ese esforzo estivese encamiñado a crear un son propio de horizontes verdadeiramente descoñecidos para nós. A idea inicial era a de fusionar diferentes estilos musicais dándolle moita importancia á mensaxe que queríamos transmitir. Queríamos facer unha música tocada por nós fuxindo de arranxos electrónicos que tan de moda están na actualidade. Os nosos temas teñen un pouco de funki, un pouco de reggae e un pouco de rap, entón lle chamamos funki-reggae-rap!; orixinal, non Por outro lado, sempre tivemos moi claro que a mellor maneira de chegar á xente era tocando moito e con esa premisa chegamos a dar, nada menos que 104 concertos en dous anos e medio. Dende o primeiro día a aceptación do público foi incrible e cada concerto fixo que medraramos para dar o mellor de nós... aínda seguimos coa mesma teima e pensamos que Som do Galpom é un grupo de directo; e o directo, un bo lugar onde poder disfrutar da música que facemos. E logo o tempo seguiu o seu curso natural con máis ensaios e máis quilómetros de estrada nas costas. Pasamos por moitos lugares e de todos gardamos algún recordo e en cada parada que fixemos no camiño aproveitamos para gravar as nosas primeiras inquedanzas musicais en diferentes estudos de gravación (Savia Records, Radiogalega, Onirama Estidios...). Ao mesmo tempo deunos por participar en concursos para grupos non profesionais (Certame musical Terra e Língua, Galiza Crea, Nsaio no camiño, Fundation reggae festival...) e todo foi moi ben. De feito, a gravación deste primeiro disco é parte do premio que supuxo gañar o certame musical Nsaio no Camiño 2008. Por certo, o audio foi gravado, misturado e masterizado nos estudos Casa de Tolos durante xaneiro de 2009. Agora comeza unha nova época que nos levará a lugares máis lonxanos (península ) e aos que temos máis perto (Galicia ). Unha nova etapa e un novo espectáculo coa ilusión renovada despois de estar máis de catro meses sen tocar en directo. Estamos fervendo por voltar ao escenario e amosar este disco que levaremos baixo o brazo a partir de mediados de marzo. Agardade por nos que xa non falta nada para vernos as caras de novo.
Foliadas de Febreiro na Casa das Crechas ”
• Data: Mércores 3,10 e 16 • Hora: 22:30 h • Entrada: 1 euros
CLUB DE LECTURA DE IND.
Así nacen as baleas
Autora: Anxos Sumai Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007 Ed. GALAXIA, 2007 Xuntanza: 29 de marzo de 2010, ás 20.30h Persoa convidada: Anxos Sumai Lugar: A CASA DAS CRECHAS
|