|

Antonio Bravo, Baldo Martínez & Lucia Martínez
02/02/2010_22:30_Entrada 3 euros
O trío Martínez, Bravo, Martínez (MBM) formouse no 2009 . Os tres músicos teñen colaborado e grabado xuntos en distintas formacións anteriormente sobre todo dintro do ambito do Jazz, como e o caso mais recente con o "Projecto Miño", dirixido por Baldo Martinez, proxecto premiado pola revista "Cuadernos del jazz" como mellor disco do ano 2009. Todos os membros do trio son músicos de recoñecido prestixio, directores do seus propios proxectos, conn unha amplia discografia e levando a sua música por festivais de todo o mundo, Paris, Berlin Munich, Mexico, Tánger, Roma, Varsovia, Estocolmo, etc
Nesta ocasión preséntannos un repertorio formado por composicións dos tres músicos enmarcado estilísticamente no jazz europeo. O obxectivo é explorar diversas facetas dentro da improvisación, que van dende marcos con certa densidade armónica a campos máis cercanos ao free jazz e incluso incursións en improvisación libre . A forma de traballar do grupo alónxase do clásico trío de jazz con solista e sección rítmica acompañante, apostando neste caso por un contrapunto dos tres instrumentos con un claro obxectivo en común. O resultado é un repertorio coherente e ao mesmo tempo heteroxéneo onde o factor sorpresa está sempre presente. Unha mirada ao jazz europeo pero sen intención de dar as costas ás formas máis clásicas que tamén teñen o seu espazo no repertorio.
Litanei. (Paco Dicenta e Monica de Nut)
11/02/2010_22:30_Entrada 3 euros
A linguaxe do jazz, o son e dinámica da música clásica e una porta aberta a experimentación e música de raíz. Litanei é o dúo formado por Paco Dicenta ó baixo de sete cordas , efectos, looper e voz e Mónica de Nut á voz, efectos e looper. Paco Dicenta é baixista e contrabaixista. Fórmase con Paco Charlín, Juan Castro, Kin García, Pedro Barreitos e Pepe Bordallo. Formou parte de numerosas bandas de jazz, funk, latin, Word music, pop, rock, rythm’n’blues, percusión africana… Mónica de Nut fórmase na música clásica licenciándose na Escola Superior de Canto de Madrid, na música tradicional galega con Chisco e Mercedes Peón e no jazz con Suso Atanes, Ramón Bermejo, Abe Rábade e Paco Charlín.
A linguaxe do jazz, o son e dinámica da música clásica e una porta aberta a experimentación e música de raíz. Litanei é o dúo formado por Paco Dicenta ó baixo de sete cordas , efectos, looper e voz e Mónica de nut á voz, efectos e looper.
“Chick Mcauley, Iain Macleod & the The Strating Sisters”
23/02/2010_22:30 h_Entrada: 3 euros
Figura moi importante da música tradicional de Escocia e, como as andurinas, visitante perenne da Galiza e Asturies, Chick Mcauley é un dos maiores exponentes do estilo de guitarra DADGAD. Este ano volta a visitarnos con dúas rapazas de Australia e con Iain Macleod… Seguro que teñen moitas sorpresas…
Jam sessions abertas á participacion do público asistente, coa participación de Chick Mcauley, Iain Macleod & the The Strating Sisters
Domingos 14 e 28/02/2010_Hora: entre as 20:00 e 22:30 h
Traede o voso instrumento para participar na session, o repertorio será de música irlandesa, escocesa e por suposto galega…
Mércores de Folión
10/02/2010_21:00 h_Entrada libre
Ven a celebrar a chegada do entroido á Casa das Crechas,
As 21:00 Inauguración oficial do entroido na CDC, coa colocación da máscara de peliqueiro en Crechas.
Haberá productos tipicos do entroido, filloas, orellas, cachucha.
A partir das 22:30 Foliada de Entroido¡¡¡
prégase a tódolos asistentes que veñan disfrazados¡¡¡¡
Foliadas de Febreiro
Mércores 3,10 e 24_22:30 h_Entrada: 1 euros
|