Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Casa das Crechas

Próximos Eventos

No events
Dúo Fernández e Quintá PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Casa das Crechas   
Xoves, 07 Xaneiro 2010 01:10

Este dúo representa a dúas xeracións de músicos galegos. Un é o zanfoñista Óscar Fernández, ex compoñente dos Cempés que é orixinario de San Sadurniño. O outro é o lalinense Carlos Quintá, un dos maiores expoñentes do acordeón diatónico aplicado á música folk. Xuntos reinterpretan músicas tradicionais, principalmente do repertorio instrumental galego, ao que suman composicións orixinais e temas adaptados doutras culturas europeas.

A zanfoña e o acordeón diatónico experimentan un auxe renovado entre as formacións de música folk. O acordeón pon a harmonía, os baixos e o dinamismo, mentres que a zanfoña achega a calidez das cordas fregadas máis a percusión do bordón rítmico.

Casa das Crechas. 19 de xaneiro. Hora 22:30
Entrada 3 euros

Comentarios
Procurar
Somente os usuarios rexistrados poden escribir comentarios!

3.23 Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 

Telegráficas

Aló Irmao, xa está na rúa o seu disco/dvd. A venta na Casa das Crechas.

Ningún