|

Cuba-Brasil-Galiza

ALEJANDRO VARGAS. TRIO ORIENTAL
xoves03_22H30_Entrada 3 euros
ALEJANDRO VARGAS, na actualidade é un dos pianistas, compositores e intérpretes de jazz, máis sobresaíntes da nova xeración de músicos cubanos. Profesor da Escola de Arte de Cuba e o Instituto Superior de Arte (ISA). "Trapiche", o seu último CD, foi premio Disco Cuba ao mellor traballo discográfico do ano.
A BANDA DE BALBINA
xoves10_22H30_Entrada 2 euros

A BANDA DE BALBINA, grupo formado nos Ánxeles, en Brión, como xa sabe todo o país, gañou a cuarta edición de A Polo Ghit co seu tema O fillo do mar. A voz de Balbina pona Silvia Cerneira, de Valga, mentres que a súa parella, Ramón Raíndo, da Pobra do Caramiñal, achega a parte musical.
FRED MARTINS e PAULO BORGES
xoves17_22H30_Entrada 3 euros

FRED MARTINS, o vencedor em 2006 do 9º Prêmio Visa de Música Brasileira, tem uma trajetória singular na música brasileira. Dono de criatividade e ritmos bastante particulares, o fluminense disputou ao lado de nomes conhecidos da música popular brasileira, como João Donato e André Abujamra e conquistou, além do prêmio máximo, o voto popular conferido pelo público presente no Tom Brasil, em São Paulo. PAULO BORGES (illas Açores).Director musical do Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré. Acompaña e produce os traballos de Zeca Medeiros, durante os últimos anos, participa nos discos Home de Xosé Manuel Budiño e Na flor dos meus anos da Señora Carmen. Participou cómocoprodutor e arranxos de Eterno Navegar de Uxía.
XABIER DIAZ. Coplas para Icia.
martes 22_22H30_Entrada 4 euros

XABIER DIAZ. Músico e compositor, compaxina ambas facetas profesionais coa súa longa laboura como investigador e compilador do noso folclore tradicional. Ao longo da súa carreira son destacábeis múltiples colaboracións en concertos e traballos discográficos con diversos artistas e formacións como Berroguetto, Luar Na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful ou Nordestinas . En 2003 participa no espectáculo Cantos Na Maré (2003) xunto con Uxía Senlle, Manecas Costa, Chico Cesar e Filipa Pais entre outros. Un ano despois, desta volta co guitarrista Guillermo Fernández, edita o disco “Músicas de Salitre“ traballo que os levará a ser finalistas nos Premios da Academia da Música no 2005, acadando ademais o 3º posto na edición dos galardóns La Opinión do mesmo ano. Na actualidade compaxina a súa actividade como cantante titular da compañía Nova Galega de Danza na que xa ten realizado os espectáculos Alento (2005) e Engado (2006) coa dirección e copresentación do espazo radiofónico “Tres Peixes Voando“, da Radio Galega Música, xunto con Guillerme Fernández e Ugia Pedreira. Dentro da súa carreira musical en solitario, atópase agora inmerso na gravación do seu segundo traballo “Coplas Para Icia“ (2007), no que rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito do extenso traballo de campo que el mesmo leva a cavo entre os anos 1990 e 2000. Nestas “Coplas para Icía“ ten como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias .
Xabier Díaz (Voz e Percusións Tradicionais). Pedro Lamas (Saxo e Gaita). Suso Iglesias (Acordeón).
|