Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Casa das Crechas

Próximos Eventos

No events
El maestro Batuta, el progreso imparable de la estupidez PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xavier Belho   
Domingo, 01 Novembro 2009 20:00

Luns 2,9,16,23_Hora: 22:30 h_Entrada 1 euro

Espectáculo de contacontos no que se relata a vida, miserias, gracias e desgracias dun tal Maestre Batuta que, nun pasado sen determinar, fora un afamado director de orquesta, compositor e músico fora de serie. Hoxe, xunto co seu síndrome de estupidez que o perseguiría toda a súa vida dende que deixara de ser neno, é unha marioneta, un títere manexado coa boa vontade e admiración de Ilbre, un cantautor de caleixón o que, ata entón, quedáballe grande o escenario. O máis afortunado que desafortunado día no que o Maestre atoparase na rúa con éste e compartira con el a decisión de convertirse en títere, naceu este conto. Un relato que fai un percorrido pola infancia, maduración, esplendor e pudrimento dunha personaxe que reflexa os excesos, carencias e ese sentimento de amor-odio que impera na sociedade actual. Esta glaciación de sentimentos conforman o síndrome do progreso imparable da estupidez, esas vidas anónimas nunha deriva de rutina e sometidas ás puñaladas trapeiras da televisión. Esas vidas solitarias apiñocadas en edificios de infinitas prantas, en apartamentos amoblados de consumismo sedante producto da deshumanización apática e da incomunicación en plena era virtual e cibernauta. Batuta encarnaba unha destas vidas ata a súa conversión. Esquecera tódalas batallas interiores que salvan esa rutina aparentemente sen esperanza. Convertiuse nunha lamentable parodia de si mesmo. Agora volta como marioneta para contala súa experiencia coa voz de Ilbre. En forma de conto con moralexa e crítica cantosa intercala as súas propias cancións conectando coas vivencias e inquedanzas do Maestre que hoxe, a pesares de tanta estupidez, daríanlle sentido neste espectáculo.
O fortuíto encontro ocorrería na cidade de Granada. Por iso o espectáculo cóntase en “castellano” e non en galego. Sorte que non aconteceu en Moscú ou Tokio... entón sería outro cantar, nunca mellor dito.

Comentarios
Procurar
Somente os usuarios rexistrados poden escribir comentarios!

3.23 Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 

Telegráficas

Aló Irmao, xa está na rúa o seu disco/dvd. A venta na Casa das Crechas.

Ningún