Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Casa das Crechas

Próximos Eventos

No events
Palabras Contadas Long Play PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xavier Belho   
Sábado, 17 Outubro 2009 19:28

Seguro que hai un remedio para a crise, pero non o teñen nin Camilo Franco nin Magín Blanco. Xusto para saír da crise insisten en Palabras Contadas, un libro que a pesar de todo non foi munguido suficientemente.

Franco & Blanco pasaron pola Casa das Crechas contando todas as historias antes de que os bebedores de cervexas botansen de menos o seu espazo no local. A revancha irá contra eles, contra a economía, contra os imperios, contra a mala literatura e contra o capitalismo de escape libre. Tamén contra as convencións, precisamente por iso catro luns de outubro, como nunha película británica de espías.

Catro luns seguidos para explicarse ben, para que os espectadores participen polo morro nun relato que comezará o primeiro e rematará ao último coas aportacións dos asistentes.

Catro días para estrear o primeiro videoclip da narrativa galega (imos con dúas décadas de retraso, pero non se miran ombreiras) realizado por Antón Reixa sobre o relato "Amor e Fluídos".

Todo iso e moito máis, pero co IVA de toda a vida

 

Comentarios
Procurar
Somente os usuarios rexistrados poden escribir comentarios!

3.23 Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 

Telegráficas

Aló Irmao, xa está na rúa o seu disco/dvd. A venta na Casa das Crechas.

Ningún