| Pepa e Davide & Madame Cell na Casa das Crechas |
|
|
|
| Escrito por Xavier Belho | |||||
| Luns, 13 Outubro 2008 19:48 | |||||
|
Martes 14 ás 22:00 h_entrada 2€ Pepa Yáñez e Davide Salvado teñen unha longa carreira como intérpretes da música tradicional galega e doutros estilos (vinculados a grupos comoLiñaceira, X. M. Budiño, Ecléctica Emsemble, A Banda Melgacha e a compañías de teatro). Levan tres anos mesturando esta música con novas propostas de estilo variables, unha continua experimentación que chegou ao cabaret d'aquí, unha forma de espectáculo músico-performático e humorístico na compaña do pianista Nacho Muñoz, coñecido tamén como Madame Cell (produtor musical de discos de Uxía, Ecléctica Emsemble, Budiño ou Mercedes Peón, así como membro do colectivo artístico Alga).Pepa e Davide, dúas voces temperamentais que seguen un camiño paralelo, a beleza, propóñennos un obxectivo diferente ao que nos teñen acostumados con Unha noite no muíño...: o fin agora mesmo é bailar, os medios póñenos eles. Partindo dunha melodía que lle escoitaron a alguén, dunha vella copla, do saber popular en definitiva, séguenlle o rastro, fano evolucionar de xeito natural e actualízano ata chegar a un son de hoxe, á vangarda. Esta nova viaxe empréndena cun vello acompañante: Madame Cell dende o piano ata as programacións electrónicas. Non miren para outro lado, miren para cabaret d'aquí.
Somente os usuarios rexistrados poden escribir comentarios!
Powered by !JoomlaComment 3.23
3.23 Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved." |