Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Casa das Crechas

Entrada

Próximos Eventos

No events
A Casa das Crechas unha fiestra aberta ao mundo

Artigo publicado no Xornal de Galicia.

 

 
Programación Abril 2010

 

Diego Massimini

13/04/2010 Hora 22:30 Entrada 2 euros

Músico, cantante, compositor e arranxista.

Participou como arranxista e cantante no disco Tiempo de Rogelio Botanz, como músico invitado e compositor no de Larry Jean Louis, en Nana Enea do guitarrista grancanario Ricardo Montelongo, en Directo al Tajo de Fermín Romero e compartiu escenario con Ismael Serrano, La Habana Abierta, Alejandro Filio, Fito Páez, Fran Delgado, Rogelio Botanz…
O seu último disco Tratado del Escondito inclue colaboracións de artistas como Larry Jean Louis, Julio Tejera, Kike Perdomo e Ana de la Preugne.

Ler máis...
 
PROGRAMACIÓN MARZO 2010

 

 

O´CAROLAN

04/03/2010_Hora 22:30_Entrada 3 euros

O grupo O´Carolan toma o seu nome do arpista irlandés Turlough O´Carolan (1670-1738), compositor e músico ao que se lle adoita coñecer como o último bardo e que soubo fundir de maneira natural o barroco e a música tradicional. A maioría dos temas que nutren o repertorio do grupo son composicións deste autor. Completando ao mesmo inclúense composicións propias así como pezas tradicionais doutras rexións e culturas. O concepto de concerto do grupo O´Carolan, é máis próximo á música de cámara que aos grandes concertos Folk. Nisto, inflúe a coidada posta en escena así como o gran abanico de instrumentos que o grupo mostra nas súas presentacións en directo (uilleann pipe, nykelharpa, arpa irlandesa, bodhran, bouzouki, tin whistle, low whistle, mussetes ). O resultado é un concerto belo, cunha música sensible e alegre á vez, que nos leva a soñar en paisaxes afastadas. O´Carolan participou en infinidade de festivais e concertos dentro e fóra da península destacando pola súa personalidade e sendo recoñecidos en presentacións tan importantes como o festival  Cornamuses en Balade en Francia, ,Brechin Arts Festival , en Escocia, festival de cornamusas en Ordino (Andorra), FolkSegovia ,Ilusións Folk (Navarra) Orejo (Cantabria) Llanes(Asturies)? Contan con tres discos no mercado “Alrrededor de una vela” , “la llave de los sueños” e  “El reloj secreto”.




Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 21

Telegráficas

Aló Irmao, xa está na rúa o seu disco/dvd. A venta na Casa das Crechas.

En rede

Temos 13 convidados en liña
Ningún

Visitas desde...

Locations of visitors to this page

Anuncios

Ligazóns de interese:
Nordesía Produccións
Axencia de contratación internacional.
RodArt-e
Comunicación Audiovisual.
O Dezaseis
Casa de xantar.