|

Luns 19 e 26 ás 22h30 - 4€
Obras Públicas “O fútbol é así”

Leandro Lamas e Mos tráennos 60 minutos de fútbol, música e teatro. Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.
Martes 27 a? 22h30 – 5€
Emilio Rúa

O espectáculo que Emilio Rúa ofrecerá na Casa das Crechas repasará as cantigas do seu último e terceiro traballo discográfico Interior, producido por Uxía e Sérgio Tannus. Estará acompañado de Serginho Sales ao teclado e melódica e Paulo Silva á percusión e coros. Ademáis repasará algúns temas dos seus anteriores discos, “Emilio Rúa” e “Vida Miña”.
|
|
|
Balada Triste de Moqueta - Descarga o libro! |
|

Descarga a Balada Triste de Moqueta completa, aquí (pdf, 4,7 Mb) Ou merca un pack de camiseta + libro (edición limitada e numerada),
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
|

Todos os martes de Maio...
Xacobe Martínez Antelo (Compostela, 1976)
estará como músico residente na Casa das Crechas no mes de Maio. Aproveitará para amosarnos parte dos proxectos nos que leva involucrado nos últimos 10 anos, grupos todos que teñen polo menos un disco publicado. Os convidados de excepción para estes martes de Maio serán Max Gómez, Marcelino Galán, Manuel Gutiérrez, LAR Legido, Toño Otero, Fernando Sánchez, Miguel Cabana, Rosolino Marinello ou Pablo Castaño.
Luns 2 ás 22h30
ROBERTO SOBRADO
Roberto Sobrado é música e poesía. Sempre vai haber algún acorde que saia da súa guitarra para encher unha festa, sempre un verso a ilustrar un capítulo da vida. Ultimamente deulle por Calamaro e Reixa, mais os seus propios versos e melodías non lles desmerecen a ningún deles nin en forza nin en compromiso. Cun novo proxecto desde 2007, forma unha banda que desde entón o acompaña e fai medrar a súa música. Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 4 de 29 |