Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Casa das Crechas

Entrada

Próximos Eventos

No events
Uk´ux Ulew

Esencia da Terra

Fotografías de Emerson Díaz

Mañá martes, día 11 de maio, ás 20h, o fotógrafo guatemalteco Emerson
Díaz inaugura na Casa das Crechas unha mostra chamada Esencia da
terra. Uk´ux Ulew coa que quere amosar a cultura Maia e a súa vontade
de supervivencia.

A metade da poboación guatemalteca é indíxena. Son seis millóns de
persoas que pertencen a 22 etnias, que falan 22 linguas, que resisten
ante a imposición colonial, que resisten ante a globalización, que
resisten ante o xenocidio. Son os Maias, unha cultura ancestral que se
nega a morrer.

 
MACC 2010

Este sábado 8 de Maio presentase o Macc (Mercado Atlántico de Creación Contemporánea) no CGAC

 
Programación Maio 2010

 

A FAMILIA CARR

11/05/2010 Hora 22:30 Entrada 3 euros

Kevin Carr e Mendelsohn Josie levan tocando música tradicional irlandesa,do Quebec e a música americana durante máis de trinta anos, en grupos como Good Ol persoas, Wake Dead, Lles Tetes de Violón, Hillbilliesfrom Mars e os Chanterelles. Kevin é un moi querido conta contos e Josie é unha moi boa artista. Entre eles tocan o violín, gaitas, guitarra, piano, mandolina e outros instrumentos. Xunto cos seus fillos Daniel e Molly, son un grupo excelente, eles son A familia Carr.

OBRAS PÚBLICAS

Life is a paripé

10,17,24/05/2010 Hora 22:30 Entrada 5 euros

Life is a Paripé
75 minutos de humor dividido entre
11 escenas e pico,  multiplicado por
2 intérpretes masculinos sumados a
1 intérprete femenina da como resultado:
33 por cento de música máis
33 por cento de teatro máis
33 por cento de cachondeo, o que da un total final de
100 por cen de paripé.

Se Marlango pode nós tamén.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 21

Telegráficas

Aló Irmao, xa está na rúa o seu disco/dvd. A venta na Casa das Crechas.

En rede

Temos 6 convidados en liña
Ningún

Visitas desde...

Locations of visitors to this page

Anuncios

Ligazóns de interese:
Nordesía Produccións
Axencia de contratación internacional.
RodArt-e
Comunicación Audiovisual.
O Dezaseis
Casa de xantar.