|

Luns día 12 ás 22h30_entrada 4€
XOÁN CURIEL
Despois da grande acollida que tivo o seu primeiro disco, “Nai”, este músico da Fonsagrada preséntanos agora “Magnético Zen”, un traballo de nova canción de autor, pop ou world music feito desde unha perspectiva galega e libre de prexuízos. “Magnético Zen” é tamén unha crítica ao poder e ao uso que algúns medios de comunicación fan da información, unha chamada a tomar consciencia e a atreverse a actuar, unha chamada ao movemento. www.myspace.com/xoancuriel
Xoves día 15 ás 22h30_entrada de balde
FESTA GALEOKE. Presentación do Vol. 2
Galiza é un país de artistas, iso é así. Non hai sobremesa, romaría ou festa de colegas que non remate entonando algún dos grandes éxitos da nosa música popular.
absoluto. E de aí saiu a idea do Galeoke, daQue é o que faltaba? Facer diso un xogo. E nós non inventamos nada, claro que non, pero dímonos de conta de que coas ferramentas xa existentes non nos identificabamos en necesidade de encher un deses moitos ocos que aínda ten a nosa lingua. Desta volta, presentamos na Casa das Crechas o Vol. 2, 21 novas cancións para non deixar de cantar este Nadal. www.galeoke.com
Domingo día 18 ás 21h00_entrada de balde
CINEMA. RUBÉN COCA.
Proxección de despedida (a unha década de curtas). - El fruto del tedio (2000) - Aquí no hay playa (2001) - Notamotof (2004) - Mínimo Común Múltiplo (2008) - A princesa Alegría (2008) - A nena que tiña unha soa orella (2009) www.rubencoca.com
Luns día 19 ás 22h30_entrada 4€
ALEJANDRO VARGAS e LAR LEGIDO
Vargas (piano) e Legido (batería), dous músicos asombrosamente creativos e xa cunha enorme carreira ás súas costas, xúntanse agora para ofrecernos un espectáculo de improvisación libre, free jazz, música clásica e contemporánea. Este dúo non se ve limitado ao xeito tradicional de tocar os seus instrumentos, se non que incorpora diferentes obxectos (máquina de escribir, cacharros de cociña) que enriquecen o seu son e aportan un aire performático aos seus concertos.
Martes día 20 ás 22h30 _entrada 5€
SÉS en acústico.
María Xosé Silvar - ou Sés, como a chaman na casa - presenta os temas do seu primeiro disco, “Admirando a condición”, en formato acústico xunto ao guitarrista Tito José Calviño. Blues, rock e ritmos latinos 100% en galego e 100% en feminino. www.mariaxosesilvar.com
|