Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Casa das Crechas

Entrada

Próximos Eventos

No events
Casa das Crechas inaugura a nova sección Videos de Arquivo

Casa das Crechas TV

Casa das Crechas quere por en común todo aquel material visual que durante estos últimos 21 anos se xenerou. O que aquí se irá publicando, con maior ou menor calidade técnica, ten un valor testimonial importante xa que por estas paredes rebotaron as músicas de Rua, Clunia Jazz, Uxia, Dhais, Tannahill Weavers, Capercaille, e tantos outros que fixeron de este local un referente importante a nível internacional.

Por outra parte a Casa das Crechas está presente tamén nunha das redes sociais máis importantes cómo e Facebook, alí podedes participar e crear comunidade, non servimos copas de momento máis todo se andará.

 

 
Pepa e Davide & Madame Cell na Casa das Crechas

 

Martes 14 ás 22:00 h_entrada 2€

Pepa Yáñez e Davide Salvado teñen unha longa carreira como intérpretes da música tradicional galega e doutros estilos (vinculados a grupos comoLiñaceira, X. M. Budiño, Ecléctica Emsemble, A Banda Melgacha e a compañías de teatro). Levan tres anos mesturando esta música con novas propostas de estilo variables, unha continua experimentación que chegou ao cabaret d'aquí, unha forma de espectáculo músico-performático e humorístico na compaña do pianista Nacho Muñoz, coñecido tamén como Madame Cell (produtor musical de discos de Uxía, Ecléctica Emsemble, Budiño ou Mercedes Peón, así como membro do colectivo artístico Alga).
Ler máis...
 
Programación Casa das Crechas '08/'09

 

Casa das Crechas inicia a temporada 2008/09 con unha variada oferta cultural, música, cabaret, exposicións, maxia e humor...

Un mes de Outono no que veremos e disfrutaremos de artistas cómo o Iñaki Diéguez Quarteto, o Sergio Tannus Trio, Pepa e Davide & Madame Cell. o incombustible Chick Mcauley e amigos, Foliadas e a maxia a cargo do Mago Romarís e o Mago Richard. Neste link podedes descargar a programación deste mes.

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 21

Telegráficas

Aló Irmao, xa está na rúa o seu disco/dvd. A venta na Casa das Crechas.

En rede

Temos 6 convidados en liña
Ningún

Visitas desde...

Locations of visitors to this page

Anuncios

Ligazóns de interese:
Nordesía Produccións
Axencia de contratación internacional.
RodArt-e
Comunicación Audiovisual.
O Dezaseis
Casa de xantar.