 6 de outubro ás 22:30Banda liderada polo pianista Pablo Seoane, un dos referentes do novo jazz en Galicia. Dispoñen dun amplo repertorio de composicións orixinais, como as que integran a súa última gravación Alceo negro, e que van dende o swing ata o landó peruano e a bulería flamenca. Ademais, inclúen nas súas actuacións un sinfín de standars, non só de orixe norteamericana, que empregan como vehículos de improvisación colectiva. Achegan así un jazz vivo, onde a música reivindica a súa condición de relato non verbal, recreando atmosferas nas que navegar polas nosas propias emocións.
|
|
Con Camilo Franco e Magín Blanco
Os luns de outubro na Casa das Crechas Palabras Contadas Long Play Seguro que hai un remedio para a crise, pero non o teñen nin Camilo Franco nin Magín Blanco. Xusto para saír da crise insisten en Palabras Contadas, un libro que a pesar de todo non foi munguido suficientemente. Franco & Blanco pasaron pola Casa das Crechas contando todas as historias antes de que os bebedores de cervexas botansen de menos o seu espazo no local. A revancha irá contra eles, contra a economía, contra os imperios, contra a mala literatura e contra o capitalismo de escape libre. Tamén contra as convencións, precisamente por iso catro luns de outubro, como nunha película británica de espías, catro luns seguidos para explicarse ben, para que o espectadores participen polo morro nun relato que comezará o primeiro e rematará o último coas aportacións dos asistentes. Catro días para estrear o primeiro videoclip da narrativa galega (imos con dúas décadas de retraso, pero non se miran ombreiras) realizado por Antón Reixa sobre o relato "Amor e Fluídos". Todo iso e moito máis, pero co IVA de toda a vida
|
|
Casa das Crechas TV Umha programación que nom te deixará indiferente.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 9 de 21 |