|
Palabras Contadas Long Play |
|
Seguro que hai un remedio para a crise, pero non o teñen nin Camilo Franco nin Magín Blanco. Xusto para saír da crise insisten en Palabras Contadas, un libro que a pesar de todo non foi munguido suficientemente.
Franco & Blanco pasaron pola Casa das Crechas contando todas as historias antes de que os bebedores de cervexas botansen de menos o seu espazo no local. A revancha irá contra eles, contra a economía, contra os imperios, contra a mala literatura e contra o capitalismo de escape libre. Tamén contra as convencións, precisamente por iso catro luns de outubro, como nunha película británica de espías.
|
|
Ler máis...
|