O Galeoke está na rua!

E para celebra-lo, amanhá dia 23 a isso das 22h ou 22h30 faremos umha festinha na Casa das Crechas.

 

Nom podedes faltar! Vemo-nos aquí

 
CONCERTOS DE ANTESDONTE

CHOUTEIRA. 1995

 

 

 
Programación Decembro 10

PROGRAMACIÓN DECEMBRO

 

Xoves dia 9 às 22h30 (3 euros)

MACHINA “Desenchufados”

A banda de Cerceda amósanos unha nova faciana, ata o de agora descoñecida, o concerto acústico. Nesta xira, Machina presentará os temas dos seus dous discos pero nunha atmósfera aínda máis íntima.

Luns dia 13 às 22h30 (4 euros)

MADERITA

A historia de Maderita comezou, proféticamente, fuxindo do mundanal ruido. Buscando a tranquilidade fora da orxía de decibelios de Las Fallas, prodúxose un encontro case fortuito en El Vedat, unha zona de montaña perto de Valencia. Alí, nunha casa de campo, comezaron a tocar xuntos Julio Bustamante e algúns membros de Ciudadano. O primeiro, un personaxe ao que resultaría incompleto calificar de músico de culto, un estandarte sen bandeira do pop valenciano, pero tamén pintor e escritor. Os segundos, parte dun dos grupos máis imaxinativos do mundo indie, que ademáis se reparten por diversos proxectos como Tortel ou como músicos de directo de Alondra Bentley e Josh Rouse.

http://www.myspace.com/maderitasiempreflota

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 29