PROGRAMACIÓN XANEIRO 2011

Luns dia 3 ás 22h30. Entrada 4 euros
SUMRRÁ

Falar de SUMRRÁ é falar dunha realidade. Unha realidade que bota a andar no 2001, e que ata o momento non ! xo mais que dar bos froitos. Como mostra, este cuarto disco que recén están presentando: "4.0” . A proposta de SUMRRÁ é formalmente jazzística, pero toma aleatoriamente elementos doutros xéneros como o pop, o rock ou o folque, no seu empeño de " conta-la historia ó seu xeito" por riba de todo, usando en cada intre as cores que estiman axeitadas para sazona-lo seu discurso. SUMRRÁ nacen libres e medran libres. A súa ética, e mai-la súa estética son a improvisación e o xogo, pero esa frescura non disimula un alto nível de composición propia, que os convirte nun referente fundamental do jazz galego.
Luns dia 17 ás 22h30. Entrada 3 euros
ASSEMBLY POINT

Cando a torre comezou a esvaecerse, un portugués e o seu bandolim, un galego e o seu bouzouki e un irlandés e o seu violín, atopáronse no "Assembly Point" e, sen mediar palabra, comezaron a tocar.
Martes día 25 ás 22h30. Entrada 4 euros
LINHO DO CUCO

Linho do Cuco recala no mítico palco das Crechas, para comezar o ano musicalmente entre amigos e do mellor xeito posible, co seu disco chamado 3 recentemente reeditado, estos rapaces, da veciña comarca Tabeirós-Deza, agardan deleitar ao selecto público de Crechas e sorprender cunha velada popular e sen prexuízo musical de ningún tipo, onde se abordarán sen temor ritmos propios e alleos así coma arranxos intrépidos e enxeñosos, carácter popular.
|