Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Casa das Crechas

Entrada

Próximos Eventos

No events
Programación FEBREIRO 2010

Antonio Bravo, Baldo Martínez & Lucia Martínez

02/02/2010_22:30_Entrada 3 euros

O trío Martínez, Bravo, Martínez (MBM) formouse no 2009 . Os tres músicos teñen colaborado e grabado xuntos en distintas formacións anteriormente sobre todo dintro do ambito do Jazz, como e o caso mais recente con  o "Projecto Miño", dirixido por Baldo Martinez, proxecto premiado pola revista "Cuadernos del jazz" como mellor disco do ano 2009. Todos os membros do trio son músicos de recoñecido prestixio, directores do seus propios proxectos, conn unha amplia discografia e levando a sua música por festivais de todo o mundo, Paris, Berlin Munich, Mexico, Tánger, Roma, Varsovia, Estocolmo, etc

Nesta ocasión preséntannos un repertorio formado por composicións dos tres músicos enmarcado estilísticamente no jazz europeo. O obxectivo é explorar diversas facetas dentro da improvisación, que van dende marcos con certa densidade armónica a campos máis cercanos ao free jazz e incluso incursións en improvisación libre . A forma de traballar do grupo alónxase do clásico trío de jazz con solista e sección rítmica acompañante, apostando neste caso por un contrapunto dos tres instrumentos con un claro obxectivo en común. O resultado é un repertorio coherente e ao mesmo tempo heteroxéneo onde o factor sorpresa está sempre presente. Unha mirada ao jazz europeo pero sen intención de dar as costas ás formas máis clásicas que tamén teñen o seu espazo no repertorio.

 

Ler máis...
 
Xaneiro 2010

 
Dúo Fernández e Quintá

Este dúo representa a dúas xeracións de músicos galegos. Un é o zanfoñista Óscar Fernández, ex compoñente dos Cempés que é orixinario de San Sadurniño. O outro é o lalinense Carlos Quintá, un dos maiores expoñentes do acordeón diatónico aplicado á música folk. Xuntos reinterpretan músicas tradicionais, principalmente do repertorio instrumental galego, ao que suman composicións orixinais e temas adaptados doutras culturas europeas.

A zanfoña e o acordeón diatónico experimentan un auxe renovado entre as formacións de música folk. O acordeón pon a harmonía, os baixos e o dinamismo, mentres que a zanfoña achega a calidez das cordas fregadas máis a percusión do bordón rítmico.

Casa das Crechas. 19 de xaneiro. Hora 22:30
Entrada 3 euros

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 21

Telegráficas

Aló Irmao, xa está na rúa o seu disco/dvd. A venta na Casa das Crechas.

En rede

Temos 5 convidados en liña
Ningún

Visitas desde...

Locations of visitors to this page

Anuncios

Ligazóns de interese:
Nordesía Produccións
Axencia de contratación internacional.
RodArt-e
Comunicación Audiovisual.
O Dezaseis
Casa de xantar.