BUMBA Unha viaxe de Zigala a Zemambiquo
Enviado por 09 Mai 2006 - 06:52 PM
Enviar por correo electrónico a un amigo Imprime esta Historia
Nordesía Produccións quere convidarvos ao acto de presentación dun novo proxecto musical no que Galiza e Mozambique se dan a man. “Bumba” xorde do encontro entre Narf (Fran Pérez) e o grupo mozambicano Timbila Muzimba, e o mércores 10 en Santiago amosará nun concerto único a súa abraiante mestura de sons e sabores.
Será un pracer que esteades con nós este martes día 9 na Galería Sargadelos, ás 19:00 horas, para ser os primeiros en coñecer e escoitar “Bumba”.
Ampliar información

BUMBA
Unha viaxe de Zigala a Zemambiquo
O proxecto “Bumba” é un encontro entre as músicas ventureiras de Narf e Timbila Muzimba, no que uns pretenden enxertar nas pólas dos outros unha xema de froito diferente.
Timbila Muzimba son músicos fillos de músicos que mamaron o toque do batuque e a harmonía das orquestras de timbilas (xilófonos con láminas de madeira típicos do pobo Xopi) do sur de Mozambique. Levan a sabiduría tradicional á capital, Maputo, e no trasplante urbano a sú música transmuta nun choque eléctrico.
Pola súa banda, Narf é Fran (Pérez) ao revés, isto é, as raíces no aire e a voz na terra. Formado na música urbana e cultivado en diversas habilidades compositivas, torna no proxecto Narf cara a intimidades acústica centrada no texto e na voz. Unha das voces máis sólidas e peculiares das que falan galego e unha música que se aventura fóra dos regos do moderno e o tradicional na percura de novas especies.
“Bumba” conserva a sorpresa do primeiro encontro. Procura buscar o primordial de ambas aventuras e madurar os frutos deste gallo emocionante e distinto que hoxe nace. |