patrimonio inmaterial
 Rexistro :: Inicio de sesión Cultura Galega  Cultura Compostela  Vieiros  Cultura Crecha  Blogalego  Folque  Audiência Zero 
crechas
· inicio
· PROGRAMACióN
· artistas en Crechas
· exposicións

conectados
Temos 3 convidados e 0 usuarios en rede

É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.


subCultura
· compostela
· subCultura galega
· música en Galego
· música disTinta
· multiCultural
· fotografía
· arte na Rede

· todos os Temas

pesquisador


comunidade
· ligazóns
· descargas
· pesquisador

· os máis
· estatísticas
· estatísticas extra

· recoméndanos
· legal


* Sol de Farofa: Casa das Crechas martes 31 de xaneiro
Enviado por 31 Xan 2006 - 12:55 PM
Envía esta historia a un amigo Enviar por correo electrónico a un amigo  Versión imprimibel Imprime esta Historia



artistas en Crechas [Najla Shami, Hector Lorenzo e Quim Farinha]

Cun repertorio que abarca dende as composicións orixinais ata standards de jazz ou brasileira pasando polo funk, Sol de Farofa:

presenta un espectàculo ìntimo e sinxelo onde a sensibilidade dos compoñentes e do pùblico è un ingrediente esencial.



Martes, 31 de xaneiro ás 22:30
Entrada: 3 euros


CURRÍCULO NAJLA SHAMI

Mestra en educación musical e vocalista profesional, compositora e letrista bebe de moitos estilos. Cursa estudios de solfeo e canto coral no Consevatorio de Ourense e actualmente estudios de harmonía e improvisación en música moderna afondando a súa formación na técnica vocal jazzística na que se inicia co músico e profesor Ramón Bermejo. Pasa por moitas formacións de diversos estilos, dende o pop-rock ata a música vocal a capella pasando polo folk, funk, brasileiro e jazz que axudan e inflúen no seu eclecticismo musical que fai que derive na música de raiz concretamente na técnica vocal hindú que despois dunha viaxe á India, transforma a súa concepción da ensinanza e do canto nunha búsqueda de equilibrio entre corpo, mente e espíritu como parámetro esencial para un crecemento da técnica e emoción vocal.

CURRÍCULO HÉCTOR LORENZO

Mùsico e compositor, basa a súa formación maiormente na BossaNova aínda que poidamos enmarcalo tamén nunha estética funk. Comenza antes do 98' con un repertorio puramente brasileiro para logo embarcarse en diferentes proxectos. Nos seus comezos repasa o blues e o rock & roll. A partir do 98' colabora coa formación "Mugardos" coa que graba dòus discos: O sol que vai chegar 98' e É aí 00' e realiza unha xira promocionada pola AIE no circuito denominado Artistas en Ruta. Colabora no primeiro disco de Carmen Dolores coa que fai unha xira no circuito Artistas en Ruta 00-01'. Membro fundador do trìo Brasil & Funk que actùa durante dòus anos tódolos xoves no pub Modus Vivendi (santiago d.c.)

QUIM FARINHA. CURRÍCULO

A fináis dos 80 e principios dos 90, formou parte dalgunhas das formacións folc máis relevantes do momento como DHAIS, XORIMA ou FÍA NA ROCA. Entre os anos 97 e 99 foi profesor da aula de violín no conservatorio de música tradicional da Universidade Popular deVigo. Hoxe desenvolve a mesma actividade no conservatorio Folque de Lalín. Realizóu distintas colaboracións discográficas con distintas artistas galegas, entre elas: Uxía ("Estou vivindo no ceo" e "Danza das areas"), Mugardos, Anubía, Pepe Vaamonde Grupo, Malvela, entre outros. Desenvolve outros proxetos na actualidade.O máis estable e importante, cunha traxectoria xa recoñecida fóra das nosas fronteiras é o grupo BERROGÚETTO. Outros proxectos de pequeño formato van dende a bossa-jazz ata o folc-jazz de TALABARTE TRÍO, con Pedro Pascual e Kin García. Como violinista, compre destacar o seu traballo de recuperación deste instrumento na música tradicional, baseado na dixitación e repertorio propios da gaita galega.

SOL DE FAROFA

A formación nace no 2004 a partires da asociación destes tres músicos despois do festival de verán FEITO A MAN en Santiago de Compostela no que se comparte cartel coa bailarina e profesora Branca Novoneyra nun espectàculo audiovisual no que confluían danza e música.

A partires dese momento a formación toma un carácter aberto traballando con outros colaboradores o que alimenta o eclecticismo do trío. È un espectàculo ìntimo e sinxelo onde è ingrediente esencial a sensibilidade dos compoñentes e a do pùblico, co que se trata de trazar unha ponte que facilite a comunicaciòn e o disfrute.

O repertorio abarca diferentes estilos dende as composicións orixinais ata standards de jazz ou brasileira, pasando polo funk e sempre buscando a liberdade a partir da improvisación se o tema o permite, sempre traballando no campo do acústico e do humano.

 
 Usuari@
 Contrasinal
 Lembrar


¿...aínda non ten unha conta aquí?
Se quere, pode crearse unha.

· ...máis artistas en Crechas
· novas de webmaster


Historia máis lída en artistas en Crechas:
Sol de Farofa: Casa das Crechas martes 31 de xaneiro

Sol de Farofa: Casa das Crechas martes 31 de xaneiro | Entrar :: Crear unha conta | 0 Comentarios
Límite
Os comentarios son propiedade dos seus respectivos autores. Non somos responsabeis do seu contido.

casadascrechas.com.com é un sitio desenvolto por bandua.net